José María Quiroga de Abarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José María Quiroga de Abarca
Nacemento20 de marzo de 1920
Lugar de nacementoSantander
Falecemento1 de xuño de 1999
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PremiosGran Cruz da Orde do Mérito Civil
editar datos en Wikidata ]

José María Quiroga de Abarca, nado en Santander o 20 de marzo de 1920[1] e finado en Madrid o 1 de xuño de 1999[2], foi un militar e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Voluntario no bando franquista na guerra civil, alcanzou a graduación de Alférez provisional de Infantería. Ingresou na Academia de Artillería e chegou a Coronel de Artillería. Doutor en Dereito e Ciencias Políticas. Foi asesor técnico da Delegación Nacional de Provincias de FET y de las JONS. Foi nomeado gobernador civil de Ourense en maio de 1958 permanecendo no posto até 1963. Logo foi gobernador civil de Tenerife (1963-1964).

Obras[editar | editar a fonte]

  • Administracion militar y su responsabilidad patrimonial, 1987.
  • Apuntes de teoría social y política, 1995.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Beba Picos Barreiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Imperio, 11-5-1958, p. 2.
  2. Necrolóxica en ABC