José María Paramés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé María Paramés
Biografía
NacementoPonteareas, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de novembro de 1936 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José María Paramés García-Barros, nado en Ponteareas e finado en Madrid o 7 de novembro de 1936[1], foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pazo da Peregrina, residencia da familia Paramés García-Barros.

Fillo de Domingo Paramés González e Jabiera García-Barros Pena, propietarios da Casa de Granxa da Peregrina en Bertamiráns. Auxiliar do Ministerio de Fomento, foi elixido deputado polo distrito de Muros en 1919 como maurista e en 1920 como conservador. Nas eleccións a Cortes de febreiro de 1936 presentouse como candidato monárquico pola provincia da Coruña[2] pero non foi elixido. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido en Madrid e encarcerado no Cárcere Modelo. Foi asasinado cos seus irmáns Carlos e Emilio e co seu tío Antonio Paramés González o 7 de novembro de 1936.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica ABC, 14-5-1939.
  2. Candidatos ABC, 10-2-1936.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]