José María Fonseca Moretón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de marzo de 1950 (74 anos) Ourense, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | economista, empresario |
José María Fonseca Moretón, nado en Ourense o 9 de marzo de 1950, é un economista e empresario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1989 participou na fundación de Viñedos do Rosal e Adegas das Eiras, fusionadas posteriormente en Bodegas Terras Gauda, empresa que preside xunto con Viñedos e Bodegas Pittacum. Foi presidente da Fundación Galicia-Empresa (1996-1998) e membro do consello de administración da Editorial Galaxia, da Irmandade dos Viños Galegos e do Capítulo Serenísimo do Viño Albariño. Foi galardoado co Premio San Martiño (1995) e Centro Galego de Barcelona (2001). Pertence ao consello rexedor da Fundación Carlos Casares. En 2010 foi nomeado presidente da Fundación para la Cultura del Vino.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista Arquivado 11 de maio de 2012 en Wayback Machine. en El Correo Gallego