José González-Sama García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José González-Sama García
Nacemento5 de abril de 1916
 Langreu
Falecemento16 de febreiro de 1986
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e avogado
PremiosGran Cruz da Orde de Cisneros e Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco
editar datos en Wikidata ]

José González-Sama García, nado en Sama (Langreu) o 5 de abril de 1916[1] e finado en Madrid o 16 de febreiro de 1986[2], foi un avogado e político asturiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na Guerra civil uniuse á Columna galega que participou na liberación de Oviedo. Traballou na Vicesecretaría de Organización Social, foi Xefe de Servizos Provinciais de Abastecimentos, Secretario Asesor Sección Social do Sindicato Nacional de Industrias Químicas e Secretario Nacional de Información de FET y de las JONS. Foi procurador en Cortes pola Organización Sindical (1946-1967), gobernador civil de Tarragona (1951-1961), Pontevedra (1961-1964) e Zaragoza (1964-1969). Despois foi presidente da Xunta directiva da Federación Española Sindical de Armadores de Buques de Pesca.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Isabel Asenjo Escosura.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]