José Fuentes Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Fuentes Pérez

José Fuentes Pérez foi un mariño mercante e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrante en América. Capitán da mariña mercante. En 1897 foi nomeado presidente da "Asociación de la Marina mercante de Puerto Rico, para fomentar la Escuadra española".[1] de regreso a Galicia, foi un dos fundadores da Liga de Amigos de Muros en 1906, da que foi elixido secretario. Foi o director do órgano da Liga, La Liga de Amigos. Foi detido por desobediencia ao alcalde de barrio en maio de 1909,[2] e foi acusado de inxurias graves a Ramón Hermida Fernández e procesado en 1910, foi absolto en xaneiro de 1911.[3] En 1913 foi nomeado representante da Asociación náutica no porto de Muros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Correo Gallego, 30-1-1897, p. 2.
  2. El Correo de Galicia, 4-5-1909, p. 2.
  3. El Correo de Galicia, 11-1-1911, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]