José Castro Blanco
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1890 Pontevedra, España |
Morte | 1981 (90/91 anos) |
Actividade | |
Ocupación | naturópata |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xosé Castro.
José Castro Blanco, nado en Pontevedra en 1890 e finado en 1981, foi un naturópata galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou á Arxentina con 14 anos e despois instalouse no Uruguai. Estudou na American School of Naturopaty de Nova York, onde obtivo o título de Doutor en Naturopatía en 1922, despois estivo na Academia de Medicina Natural de San Paolo. En xullo de 1923 deu unhas conferencia sobre o réxime vexetariano en Santiago de Compostela xunto con R. C. Rey.[1] Foi fundador da revista Vivir e da Escuela Libre Naturista de Montevideo en 1920, que trasladou a Barcelona en 1925 coa denominación de Escuela Naturotrófica. Despois instalouse en Torrent (Valencia). Fundou a Biblioteca de Caliobiótica y Macrobiótica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de la Verdad, 3-7-1923, p. 1.