José Besada Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Besada Domínguez
Nacemento1882
Lugar de nacementoO Grove
Falecemento7 de xaneiro de 1971
Lugar de falecementoO Grove
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Besada Domínguez, nado no Grove en 1882 e finado no mesmo concello o 7 de xaneiro de 1971,[1] foi un empresario, agrarista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Organista da parroquia, aos sete anos formaba parte da agrupación musical do Grove da que chegou a ser director aos catorce. En 1900 emigrou a Buenos Aires. Integrado na comunidade galega creou a Banda de Música de Avellaneda e foi director do seu orfeón. En 1905 retornou ao Grove, abriu unha carpintería e un ultramarinos, e tamén a Panadería Besada. En 1914 abriu a unha sala de espectáculos que denominou "Manuel Quiroga". Organizou novamente a banda de música da que foi outra vez director,[2] e compuxo algunhas pezas musicais, "Vida Galega" é a máis coñecida.[3] Agrarista, compuxo en 1914 un himno para a Unión Agraria do Grove. En 1921 abriu unha sala cinematográfica, o Teatro-Cine Besada, e amenizaba musicalmente as películas mudas tocando el mesmo o piano. Na Segunda República foi elixido alcalde do Grove nas eleccións de maio de 1931.[4] Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 foi cesado como alcalde. Logo da vitoria da Frente Popular foi reposto no cargo o 21 de febreiro de 1936, pero ao día seguinte presentou a dimisión, alegando as moitas dificultades para exercer o cargo.[5] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido e foi represaliado.[6]


Predecesor:
Francisco Otero Goday
 Escudo O Grove.svg
Alcalde do Grove
 
1931 - 1934
Sucesor:
Joaquín Álvarez Lores


Predecesor:
Joaquín Álvarez Lores
 Escudo O Grove.svg
Alcalde do Grove
 
1936
Sucesor:
Baldomero Sanmartín González


Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Dolores Álvarez Gondar e foi pai de Peregrina, José, Dolores, Miguel e Fernando Besada Álvarez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-1-1971, p. 4.
  2. "Revista Sustansia". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 28 de setembro de 2013. 
  3. "Revista Sustansia". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 28 de setembro de 2013. 
  4. Una fotografía para la memoria y con mucha historia
  5. El Pueblo Gallego, 26-2-1936, p. 10.
  6. "Falleció D. José Besada Domínguez", El Pueblo Gallego, 10-1-1971, p. 15.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]