José Benito López Losada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Benito López Losada
Nacemento19 de novembro de 1946
 Lugo
Falecemento6 de febreiro de 2011
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

José Benito López Losada, coñecido por Benito Losada, nado en Lugo o 19 de novembro de 1946 e finado en Ourense o 6 de febreiro de 2011. Nomeado Delegado de Xuventude da Provincia de Ourense no ano 1975, ocupa ese cargo ata xaneiro de 1978, ano no que pasa a dirixir a Casa da Xuventude de Ourense ata 2010. Xestor cultural galego altamente recoñecido, Benito Losada, desenvolvería a súa actividade fundamentalmente ao abeiro da Casa da Xuventude de Ourense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi confundador das extintas Agrupación Fotográfica Ourensá (1985), do Colectivo Landrover de Técnicos Culturais, do Clube Cultural Alexandre Bóveda (1990) e Aira Iniciativas Culturais. Tamén foi cofundador de Difusora de Letras, Artes e Ideas.

Imaxinou e dinamizou o Outono Fotográfico que dirixiu durante 28 anos e no que expuxeron máis de 3.000 fotógrafas e fotógrafos. Iniciou e potenciou as Xornadas de Banda Deseñada de Ourense durante XXII edicións e do Premio Ourense de BD; ideou a Bienal de Caricatura que dirixiu durante 9 edicións; impulsou iniciativas como Diapo Galicia, Maio Xove, o Concurso de Contos para a Mocidade que no 2011 entregou o seu XXVIII premio, a Fanzinoteca con 1.900 títulos en 23 idiomas hoxe depositada na Cidade da Cultura, así como decenas de iniciativas que o converten nun referente indispensable da vida cultural galega e ourensá durante as últimas catro décadas.

Foi membro da Comisión Técnica de Acción Cultural do Consello da Cultura Galega.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cultura e participación. Actas dos III Encontros Cultura e Concellos. Consello da Cultura Galega. Xan Bouzada Fernández (Coord.)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]