José Barro González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de febreiro de 1873 O Vilar, España |
Morte | 14 de xaneiro de 1943 (69 anos) |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
José Manuel Barro González, nado no Vilar (Viloalle, Mondoñedo) o 13 de febreiro de 1873 e finado o 14 de xaneiro de 1943, foi un empresario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Construtor de automóbiles, impulsou o complexo Chavín-Viveiro. Representou á firma francesa De Dion Bouton, e da súa factoría saíron tamén bicicletas, camións e autobuses. Dedicouse tamén ao téxtil e á enerxía.
En 1905 conseguiu a importación do primeiro vehículo de explosión "e recorre toda Galicia causando admiración e espanto á vez entre cabalos e cocheiros". Sobre un vello tear montou a fábrica e levantou as súas propias centrais hidroeléctricas para abastecer de enerxía a planta. En 1926 o taller mecánico de Barro-Chavín ocupaba a 80 traballadores e 26 aprendices. A matriz francesa De Dion-Bouton converteu a fábrica de José Manuel Barro en Lugo na súa franquía para España.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nuevo Cal, Carlos (2006). CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia, ed. "Un precursor da industria da automoción en Galicia" in Empresarios de Galicia. pp. 303–317.
- Somoza, Juan Ramón (1915). Semblanzas. Lugo: Gerardo Castro. pp. 61–62.