José Arias Uría
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1799 Ferrol, España |
Morte | 3 de xaneiro de 1873 (73/74 anos) A Coruña, España |
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela (–1825) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Progresista |
José Arias Uría, nado en Ferrol en 1799 e finado na Coruña o 3 de xaneiro de 1873[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Ángel Arias de Cal e de Francisca Uría, ao pouco de nacer a familia trasládase a Betanzos. Licenciado en leis pola Universidade de Santiago de Compostela en 1825, onde militou en organizacións liberais. Casou con Josefa Sande. Foi avogado en Betanzos. Deputado a Cortes en 1839 polo Partido Progresista, presidiu a Xunta Revolucionaria de Betanzos despois do pronunciamento de Espartero de 1840. Volveu ser deputado ao ano seguinte, e denunciou en 1842 actos de corrupción no Goberno do Rexente. En 1844 foi deputado provincial da Coruña e tivo que exiliarse un tempo en Portugal durante a década moderada. Despois do seu regreso do exilio cando os progresistas conseguiron o poder, ingresou na carreira xudicial e foi nomeado Fiscal na Audiencia de Mallorca en 1854. O 15 de xaneiro de 1856 foi nomeado ministro de Graza e Xustiza cesando o 14 de xullo dese mesmo ano. Intentou a resolución do problema da Lei orgánica do poder Xudicial e os problemas en torno á relación coa Igleaia católica. Foi protagonista de todos os movementos revolucionarios de Betanzos entre 1820 e 1873.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi avó de Víctor Montoto Arias.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Eco de Galicia, 7-1-1873, p. 3.