José Antonio Franco Basanta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Antonio Franco Basanta
Nome completoJosé Antonio Franco Basanta
Nacemento22 de novembro de 1920
 Covas
 Lons-le-Saunier
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

José Antonio Franco Basanta, coñecido como Caudillo ou Manchego, nado en Celeiro (Viveiro) o 22 de novembro de 1920 e finado en Lons-Le-Saunier (Departamento de Jura), foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na II República pertenceu ao sindicato de oficios varios da CNT de Covas. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo tres meses encarcerado. Ao saír en liberdade incorporouse ao Grupo Neira. En maio do 1941 ingresou no PCE. A finais de 1944 foi designado secretario de organización e finanzas no Comité Comarcal de Viveiro, e enlace deste co provincial de Lugo. En marzo de 1946 ingresou na III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. O 13 de decembro de 1946 logrou marchar rumbo a Francia xunto a outros guerrilleiros na evasión do Santa Teresa. Finou no hospital de Lons-Le-Saunier por unha tuberculose produto dos seus doce anos no monte.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Genoveva Soto, coa que tivo tres fillos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]