Saltar ao contido

José Alonso Liste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Alonso Liste
Biografía
Nacemento26 de abril de 1990 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo Editar o valor en Wikidata
Deporterally Editar o valor en Wikidata

José Alonso Liste, nado en Lugo o 26 de abril de 1990, é un piloto de automobilismo galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa afección polo mundo do motor veulle inculcada polo seu pai quen o meteu no mundo do karting con catro anos, e onde comezou a competir oficialmente no ano 1997 con sete anos de idade. No ano 2006 sobe ao podio do campionato de España na categoría Rotax Max.

A partir de entón comeza a subir categorías, competindo en Fórmula 3 no ano 2008 e na Fórmula Palmer Audi no 2010. Os bos resultados levárono a debutar en Fórmula 2 pero ante a falta de patrocinios no ano 2011 pasou a Mini Challenge.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

1997

  • 6º Clasificado na categoría cadete do campionato de Galiza.

1998

  • Subcampión na categoría cadete do campionato de Castela e León.
  • 8º Clasificado na categoría cadete do campionato de España.

1999

  • Subcampión na categoría cadete do campionato de Castela e León.
  • 8º Clasificado na categoría cadete do campionato de España.

2000

  • 5º Clasificado na categoría cadete do campionato de España.(1 pole, 1 volta rápida)

2001-2002

  • Subcampión na categoría INTER A do campionato de Galiza.
  • 6º Clasificado na categoría cadete do campionato de Cataluña.

2003

  • 3º Clasificado do campionato de España de Karting fórmula ROTAS MAX.

2005

  • 4º Clasificado do campionato de España de Karting fórmula ROTAX JUNIOR.
  • Campión do campionato de Castela e León de Karting fórmula ROTAX JUNIOR.
  • 3º Clasificado do campionato de Castela e León de Karting fórmula 125.

2006

  • 3º Clasificado do campionato de España de Karting fórmula ROTAS MAX.

2003

2006

2007

  • Fórmula Master Júnior de BMW (1 Pole, 1 Podio)
  • 2 Test co Equipo de F3 Campos Racing (2º posto baixo chuvia)

2008

2009

  • 11 °Fórmula Palmer Audi (1 vitoria, 1 Pole Position)

2010 No ano 2010 anunciouse que José competiría en Fórmula 2, realizando os test de pretempada. Porén non puido debutar xa que a Xunta de Galicia lle retirou o apoio económico que se comprometera verbalmente a achegar [1].

2011 3º na competición MINI Challenge

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]