Saltar ao contido

Jon and Roy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jon and Roy en concerto en xaneiro de 2009.

Jon and Roy é unha banda canadense de folk rock e reggae formada por tres músicos de Victoria, Canadá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O cantautor e guitarrista Jon Middleton e o percusionista Roy Vizer coñecéronse na Universidade de Victoria e acabaron formando Jon e Roy, que empezou actuar na contorna de Victoria e Vancouver en 2003. Ao ano seguinte sumouse o multiinstrumentista Dougal Bain Mclean e gravaron o seu primeiro álbum, Sittin' Back, en 2005 co produtor e enxeñeiro de son Stephen Franke.[1] O tema que dá título ao álbum apareceu nun anuncio de televisión da Volkswagen que se emitiu durante nove meses nos Estados Unidos, polo que se fixo coñecido nese país, e un dos seus vídeos,"Little Bit of Love", tivo certo éxito en YouTube.[1]

No intervalo entre 2006 e 2007 realizaron outros proxectos por separado, así Middleton gravou un álbum en solitario, After a Trip, e McLean e Vizer establecéronse en Vancouver. En 2007, Jon and Roy xuntáronse de novo e gravaron o álbum Another Noon, unha vez máis con Stephen Franke, en Blue Heron Studios. En abril de 2010, Jon e Roy lanzaron Homes, ao que seguiu en 2012 Let It Go, e en 2014 By My Side.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • 2005 Sittin Back
  • 2008 Another Noon (2009 nos Estados Unidos)
  • 2010 Homes
  • 2012 Let It Go
  • 2014 By My Side

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]