John Albert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

John Albert, finado en 1951, foi o último falante activo da lingua alsea.

Historia[editar | editar a fonte]

Entre maio e xullo de 1934 o antropólogo Philip Drucker realizou un traballo de campo entre os alsea, coos e clackamas e recolleu algunhas palabras de John Albert, pero foi a súa colaboración en 1935 con Melville Jacobs da Universidade de Washington e sobre todo en 1942 con John Peabody Harrington que lle gravou 66 discos de aluminio contando historias e recordos [1] xunto coa obra de Leo Frachtenberg o que constitúe a base do coñecemento actual da lingua alsea.

John Albert era membro do pobo alsea, e como a maior parte deles fora pescador de salmón na súa mocidade e vivira na reserva de Siletz ata aproximadamente cando tiña trinta ao trasladarse a reserva dos Chehali en Oakville, Washington, deixando de ter contacto coa única outra falante da lingua, Leona Ludson, polo que a súa única oportunidade de practicar a lingua era cos lingüistas. Á súa morte en 1951 o alsea converteuse nunha lingua morta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marianne Mithun The languages of native North America. Cambridge University Press, 2001, páxina 341