Saltar ao contido

Joaquín Nogueira Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoaquín Nogueira Alonso
Biografía
Morte25 de marzo de 1920 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, xornalista Editar o valor en Wikidata

Joaquín Nogueira Alonso, finado en Vigo o 25 de marzo de 1920[1], foi un xornalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Funcionario de Sanidade Marítima. Foi redactor de La Propaganda. Militou no Partido Republicano, foi un dos elementos máis significados do federalismo vigués e participou como orador en numerosos actos políticos. Foi secretario da Unión de Fabricantes de Conservas de Vigo, e presidente do Liceo Recreo e de La Cooperativa. Finou en Vigo como consecuencia do atropelo dun tranvía[2].

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Unha rúa en Vigo leva o seu nome.

  1. Noticia en El Orzán, 26-3-1920, p. 1.
  2. Necrolóxica en Vida Gallega, 10-5-1920, p. 20.