Saltar ao contido

Jesús Silva Méndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJesús Silva Méndez
Biografía
Nacemento1933 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de setembro de 2011 Editar o valor en Wikidata (77/78 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortederramo cerrebral Editar o valor en Wikidata
Outros nomesPadre Silva Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncircus director (en) Traducir, sacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaCompañía de Xesús Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios


Jesús César Silva Méndez, coñecido como o Padre Silva, nado en Ourense en 1933 e finado na mesma cidade o 2 de setembro de 2011, foi un sacerdote católico galego, fundador e director de Benposta Nación de Muchachos, no lugar de Benposta, na parroquia ourensá de Seixalbo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Jesús Silva é coñecido polo seu labor de dirección do Benposta Nación de Muchachos. Esta entidade educativa desempeñou o seu traballo entre a mocidade de substratos sociais desfavorecidos, en particular entre a afectada pola pobreza ou a violencia. O paso por Benposta de rapazada estranxeira posibilitou a fundación de filiais noutros países, como Portugal, Venezuela e Colombia.

O Padre Silva recibiu o premio Rafael Bárez concedido pola Asociación Xustiza e Sociedade de Galiza, en recoñecemento ao seu traballo. En tres ocasións foi proposto por países como Israel ou Xapón para o Premio Nobel da Paz[1].

Benposta Nación de Muchachos veu funcionando dende 1957 na súa sede ourensá. Tiña entre os seus obxectivos o desenvolvemento do ensino, a investigación a cultura, a educación, as artes e as ciencias, así como a asistencia na educación, os dereitos, a cultura, a investigación e o desenvolvemento integral da infancia, a adolescencia e a mocidade no ámbito nacional e internacional. Unha serie de desencontros coa administración autonómica, alén dos seus propios problemas financeiros, forzaron o seu peche no ano 2003.

A idea fundamental das escolas de Benposta era promover o desenvolvemento físico e espiritual, mais sen unha orientación relixiosa definida. Como parte da súa educación, as nenas e os nenos participaban nas tarefas de mantemento e xestión do complexo escolar. Empregaban métodos pedagóxicos próximos aos das Escolas democráticas, nas que defendían a participación libre da rapazada nos procesos de toma de decisións. As escolas de Benposta Nación de Muchachos contaban cunha alcaldía, un parlamento e mesmo unha moeda propia.

Benposta Ourense contou durante anos cunha emisora de televisión local, a Ourense Televisión Benposta. Alén diso, foi coñecida por manter dende 1963 unha escola de artes acrobáticas e circenses, a segunda de Europa trala escola do circo de Moscova, na que participaba rapazada de todas a idades. Nesta escola formábanse as rapazas e rapaces que formaban parte do coñecido como Circo de los Muchachos.

En febreiro de 2019, a Asociación Cultural Padre Silva (creada trala morte deste en 2011) abriu as portas do Museo Circo de los Muchachos, situado na zona vella da cidade de Ourense, no número 6 da rúa Bailén. Este museo conta cunha exposición que recolle a evolución histórica da Benposta ourensá.[2][3][4]

  1. "La Ciudad de los Muchachos fue un país dentro de un país", entrevista en Diario de Navarra, 25 de abril de 2009 (consultado o 15 de febreiro de 2010) (en castelán).
  2. "A Asociación Cultural Padre Silva promove o novo espazo dedicado á memoria desta experiencia". culturagalega.org. 4 de febreiro de 2019. Consultado o 4 de febreiro de 2019. 
  3. "El museo de los Muchachos, un paso para recuperar Benposta". La Región (en castelán). 4 de febreiro de 2019. 
  4. Rey, Javier (4 de febreiro de 2019). "Un museo para guardar el alma del Circo de los Muchachos y Benposta". La Región (en castelán). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]