Saltar ao contido

Jesús Romero Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJesús Romero Álvarez
Biografía
Nacemento1885 Editar o valor en Wikidata
Leiro, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro, sindicalista, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 9818

Jesús Romero Álvarez, nado en Leiro cara a 1885, foi un carpinteiro, sindicalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carpinteiro en Barzamedelle (Bieite). Presidente da Sociedade de Oficios Varios de Leiro, na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido por "manifestarse desfavorablemente en contra del Estado" xunto co secretario da sociedade Ginés Alemparte Alén e outros veciños. Foron liberados días despois.[1] Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Leiro en marzo, na nova corporación presidida por Manuel Fernández Neira.[2]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Procesado en decembro de 1939, foi xulgado en Ourense por auxilio á rebelión o 21 de febreiro de 1940. Foi condenado a 20 anos e un día de prisión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en maio de 1940.[3] Satisfeita a sanción, recuperou a libre disposición dos seus bens en maio de 1942.[4]

  1. Galicia, 18-10-1934, p. 1.
  2. La Región, 22-3-1936, p. 4.
  3. BOE, 13-5-1940, p. 2374.
  4. BOE, 4-5-1942, p. 2144.