Jessica Alonso Bernardo
Jessica Alonso Bernardo | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Jessica Alonso Bernardo |
Nacemento | 20 de setembro de 1983 |
Lugar de nacemento | Xixón |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidad Nacional de Educación a Distancia |
Ocupación | balonmanista |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jessica Alonso Bernardo, nada o 20 de setembro de 1983 en Xixón, é unha xogadora española de balonmán pertencente ó Le Havre AC francés.
É internacional absoluta coa selección española, coa que logrou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, xogando 90 partidos internacionais e anotando 194 goles.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Durante as súa seis tempadas no equipo de Navarra, a SD Itxako, gañou catro Ligas ABF consecutivas nos seus últimos tres anos, de 2009 a 2012, tres Copas da Raíña, tres SuperCopas de España. Na tempada 2007-08, perdeu a final da Copa EHF, pero un ano máis tarde conseguirían resarcirse ó vencer ó Leipzig, anotando 3 goles Jessica no partido de volta.[1] Tamén chegou á final da liga de Campións da EHF de 2010-11, e a pesar de que gañaron o partido de volta, non puideron remontar o resultado da ida, quedando subcampioas.[2]
No verán de 2012, fichou polo equipo serbio o RK Zajecar, co que consegue a liga Serbia e Campión da Copa. Só estivo nel un ano, para irse ó balonmán francés fichando polo Le Havre AC en 2013.[3][4]
En Le Havre estivo dúas tempadas quedando a primeira delas en terceira posición da liga Francesa. Na tempada 2015-16 ficha polo equipo francés de Besançon quedando en quinta posición.Tras esta tempada retírase do balonmán profesional e na actualidade forma parte do corpo técnico da selección española de balonmán exercendo funcións como delegada.