Jesse Bruchac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jesse Bruchac
Nacemento1972
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterGoddard College
Ocupaciónescritor e tradutor
PaiJoseph Bruchac
editar datos en Wikidata ]

Jesse Bowman Bruchac, nado en 1972, é un escritor norteamericano da nación abnaki.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seu pai é o escritor Joseph Bruchac e súa nai Carol Bruchac. Estudou en Saratoga Springs.[2] e no Goddard College en Plainfield, onde xa estaba interesado en crear un silabario para ensinar a lingua abenaki interesado en crear un silabario para ensinar o abnaki. Desde entón, Jesse dedicou gran parte da súa vida a estudar e a ensinar a lingua abnaki e preservar a súa cultura. Principiou a ensinar o abnaki, primeiro en institutos e logo no museo abenaki ata 1999.[3] e mais no Ndakinna Education Center[4]. Tamén se interesou e ensinou outras linguas algonquinas orientais, como o lenni lenape, unkechaug, shinnecock, penobscot, maliseet, passamaquoddy, mohegan, munsee e unami. É webmaster de WesternAbenaki.com un portal para a aprendizaxe da lingua online e a primeira web en abnaki.[5] Traballou como compositor para a opereta The Purchase of Manhattan (2015) e tradutor para a película de National Geographic Saints & Stranges (2015), que incluía unha hora de diálogo traducido en abenaki occidental. Tamén gravou varios álbums de música de frauta, tanto orixinais como tradicionais, coa súa familia como membro do grupo Dawn Land Singers[6] para o que tamén escribe as letras das cancións sempre en lingua abnaki.[7] Viaxou polos Estados Unidos dando a coñecer a lingua e a cultura abenaki e foi un piar importante no rexurdimento abenaki."[3] e desde 2015 é instrutor a tempo completo [8] no Ndakinna Education Centre.

Artes marciais[editar | editar a fonte]

Bruchac iniciouse na loita con seis anos. En 1990 foi campión estatal. De adulto competiu en seis campionatos da North American Grappling Association, logrando seis medallas de ouro e dúas de prata. Tamén competiu como parte da Federación Internacional do Jiu-Jitsu brasileiro e logrou cinco medallas de ouro. Desde2011 co seu irmán Jim Bruchac é instrutor de artes marciais no Saratoga Kyokushin.[9]

Obra[editar | editar a fonte]

  • L8dwaw8gan Wji Abaznodakaw8gan: The Language of Basket Making. Greenfield Center, NY: Bowman, 2010. ISBN 978-0557632107 (con Joseph Alfred Elie Joubert e Jeanne A. Brink)
  • Mosbas and the Magic Flute. Greenfield Center, NY: Bowman, 2010. ISBN 978-0878861484 (versión bilingüe inglés-abnaki)
  • The Woman and the Kiwakw. N.p.: Lulu.com, 2013. ISBN 978-1300657576 (versión bilingüe abnaki-inglés dun conto tradicional)
  • Nisnol Siboal = Two Rivers: Poems in English and Abenaki.Greenfield Center, NY: Bowman, 2011. ISBN 978-1257430680 (con Jospeh Bruchac)
  • The Gospel of Mark Translated into the Abenaki Indian, English and French Languages., N.p.: Lulu.com, 2011. ISBN 978-1105197055 (con Pial Wzôkhilain)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Senier, Siobhan (2014). Dawnland Voices. University of Nebraska Press. ISBN 978-0-8032-4686-7. 
  2. 2,0 2,1 "Jesse Bruchac"". saratogaiku.com. 
  3. 3,0 3,1 Wiseman, Frederick (2001). The Voice of the Dawn. UPNE. ISBN 9781584650591. 
  4. Ndakinna Staff Arquivado 15 de novembro de 2016 en Wayback Machine., nadakinnacenter.org
  5. "The Dawnland Singers—Gwsintow8ganal [Honor Songs]"". nyfolklore.org. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 30 de outubro de 2016. 
  6. "Saratoga Native Festival Featured Presenters". ndakinnacenter.org. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2016. Consultado o 30 de outubro de 2016. 
  7. Jill M. O'Mahony (2011) The Willow's Whisper: A Transatlantic Compilation of Poetry from Ireland and Native America Cambridge Scholars Publishing, p. 52
  8. "Staff do NEC". Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2016. Consultado o 30 de outubro de 2016. 
  9. "Saratoga Kyokushin training institution teaching different forms of martial arts". Saratogian News. 1 de xaneiro de 2013.