Jesús Vivanco
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XX Ferrol, España |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista |
| Familia | |
| Irmáns | Fernando Vivanco |
Jesús Vivanco, nado en Ferrol é un xornalista, escritor e locutor radiofónico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Enxeñeiro Técnico Naval, licenciado en Dereito e en Xornalismo, comezou en Radio 3, de Radio Nacional de España en 1979, coincidindo coa fundación da emisora pública, onde se encargou da produción e redación de informativos. En 1994 é nomeado o primeiro director da recentemente creada Radio 5, unha cadea unicamente de información tamén pertencente a Radio Nacional de España, onde tamén foi xefe de redacción. Como estudoso do xornalismo, ten traballado na historia da radio en España.
Obra
[editar | editar a fonte]- Guerra Civil y Radio Nacional: Salamanca 1936-1938, 2006, Instituto Oficial de Radio y Televisión.