Jesús Irisarri
Aparencia
(Redirección desde «Jesús Irisarri Castro»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 (65/66 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Irmáns | Vicente Irisarri |
Jesús Irisarri Castro, nado en Vigo en 1958, é un arquitecto galego[1]. É irmán do político Vicente Irisarri.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Obtivo o título de Arquitecto en 1986 pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Fundou xunto a Guadalupe Piñera o estudio Irisarri+Piñera en 1989. É profesor na área de Proxectos arquitectónicos do departamento de Proxectos arquitectónicos e Urbanismo da Universidade da Coruña e imparte clase na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.[2]. Codirixiu a revista Obradoiro entre os anos 2001 e 2005.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Biografía en soloarquitectura.com
- ↑ "Lista de profesores do departamento de Proxectos e Urbanismo da ETSAC". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2008. Consultado o 23 de setembro de 2010.