Jean-Pierre Haigneré
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de maio de 1948 París |
| Educación | École de l'Air (pt) |
| Actividade | |
| Ocupación | astronauta, aviador, enxeñeiro de aviación |
| Membro de | |
| Carreira militar | |
| Rango militar | xeneral de brigada |
| Tempo no espazo | 209 días, 12 horas e 25 minutos |
| Familia | |
| Cónxuxe | Claudie Haigneré (2001–) |
| Premios | |
Jean-Pierre Haigneré, nado en París o 19 de maio de 1948, é un astronauta francés que formou parte das misións Soiuz TM-29, Soiuz TM-16 e Soiuz TM-17.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Haigneré graduouse en enxeñería na Academia da Forza Aérea de Francia en Salon-de-Provence e cualificouse como pilto de combate en 1973. En 1981 graduouse na Escola de Pilotos de Proba do Imperio en Boscombe Down, Inglaterra. Estudou astrofísica na Universidade de Orsay entre 1986 e 1987.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta polo CNES francés en setembro de 1985, participando nas misións Soiuz TM-29, Soiuz TM-16 e Soiuz TM-17. Pasou un total de 209,52 días no espazo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Mark Wade (2020). "Haignere, Jean-Pierre" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2020.
- 1 2 3 ESA (ed.). "Jean-Pierre Haigneré" (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jean-Pierre Haigneré |