Jean-Jacques Favier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean-Jacques Favier
Jean-Jacques Favier.jpg
Datos persoais
Nacemento13 de abril de 1949
LugarKehl
Falecemento19 de marzo de 2023
Actividade
MisiónsSTS-78
Tempo no espazo16,91 días
PremiosLexión de Honra
editar datos en Wikidata ]

Jean-Jacques Favier, nado en Kehl (Alemaña) o 13 de abril de 1949 e finado o 19 de marzo de 2023, foi un astronauta francés que formou parte da misión STS-78.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Favier graduouse en enxeñería polo Instituto Politécnico Nacional de Grenoble en 1971, e obtivo un doutoramento en enxeñería pola Escola de Minería de París, así como outro en metalurxia e física pola Universidade de Grenoble en 1977. Voou na misión STS-78 como especialista de carga e pasou 16,91 días no espazo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2020). "Favier, Jean-Jacques" (en inglés). Consultado o 2 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 NASA, ed. (agosto de 1996). "JEAN-JACQUES FAVIER (PH.D.)PAYLOAD SPECIALIST (FRANCE)" (PDF) (en inglés). Consultado o 2 de abril de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]