Javier Vieira Durán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Javier Vieira Durán
Javier Vieira Durán 1918.jpg
Nome completoFrancisco Javier Vieira Durán
Nacementoséculo XIX
 Pontevedra
Falecemento23 de decembro de 1957
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
IrmánsRamiro Vieira Durán
editar datos en Wikidata ]

Francisco Javier Vieira Durán, nado en Pontevedra e finado na mesma cidade o 23 de decembro de 1957,[1] foi un procurador, escritor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procurador dos tribunais, foi notario público da Audiencia eclesiástica de Tui e notario eclesiástico do Arcebispado de Santiago de Compostela. Oficial da Xefatura de Obras Públicas de Pontevedra (1896),[2] foi redactor de La Correspondencia Gallega. Foi socio fundador da Adoración Nocturna de Pontevedra (1900) e membro do Círculo Católico Obrero e da Juventud Antoniana. Concelleiro de Pontevedra, foi nomeado alcalde da cidade en 1918. Colaborou en Spes.


Predecesor:
Luis Boullosa Mariño
 Escudo de Pontevedra.svg
Alcalde de Pontevedra
 
1918 - 1920
Sucesor:
Marcelino Candendo Paz

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en Spes, 273, decembro de 1957, p. 24.
  2. El Lucense, 10-3-1896, p. 2.