Saltar ao contido

Jaime Vidaurrázaga Urbieta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJaime Vidaurrázaga Urbieta
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Ribadeo
1983 – 1983
← Antonio Martínez LópezJosé Ramón Cociña García → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario, político Editar o valor en Wikidata

Jaime Vidaurrázaga Urbieta é un empresario e político galego. Chegou a Ribadeo cos seus pais no 1958.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi alcalde de Ribadeo tras presentarse polo PSOE só dous meses e medio en 1983.[2] Tras a súa subida á alcaldía co apoio do BNG e Coalición Galega, o posterior cese viu determinado pola desaparición de votos na parroquia de Vilaframil,[3] que, dun xeito sorpresivo, a Xunta Electoral adxudicou con posterioridade a AP tras non ser adxudicados a ningún partido nun principio. No pouco tempo do seu mandato aumentou a rede de sumidoiros de Rinlo, cementando un pacto tripartito.[4][2][5] Seguiu a ser concelleiro ata o ano 1999.

Coñecido en Ribadeo como 'o vasco', asentouse de xeito definitivo na poboación só catro anos antes das eleccións locais nas que participou.

O seu retrato, elaborado por Concepción Millán Martínez, foi doado ó concello en abril de 2023 xunto cos dos outro alcaldes na época democrática.[6][7]

No plano laboral, desenvolveu o seu traballo como administrador solidadio en CORIBA S.L. ata o 2015.[8]

  1. agremon, Publicado por. "Ribadeo e os vascos". Consultado o 2024-09-05. 
  2. 2,0 2,1 Lugo, El Progreso de (2022-05-24). "¿Qué fue de... Xaime Vidaurrázaga?". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2024-09-04. 
  3. agremon, Publicado por. "A idade dos alcaldes de Ribadeo: Alcaldía de Ribadeo e idade". Consultado o 2024-09-04. 
  4. "Despedida de Fernando Suárez en la inauguración de la exposición de retratos de los diez alcaldes de Ribadeo en la democracia contemporánea". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-04-22. Consultado o 2024-09-05. 
  5. agremon, Publicado por. "As imaxes dos alcaldes de Ribadeo baixo a nova Constitución". Consultado o 2024-09-05. 
  6. Ribadeo, Concello de (2023-04-18). "Cadros dos alcaldes da democracia". Concello de Ribadeo. Consultado o 2024-09-05. 
  7. Redacción (2023-04-18). "Ribadeo mostrará os retratos dos diferentes alcaldes do concello durante a democraia". A Mariña Xornal - As noticias da Mariña. Consultado o 2024-09-05. 
  8. "JAIME VIDAURRAZAGA URBIETA - Cargos en empresas". www.empresia.es. Consultado o 2024-09-05. 


Predecesor:
Antonio Martínez López
 
alcalde de Ribadeo
 
1983 - 1983
Sucesor:
José Ramón Cociña García