O ithkuil é unha lingua construída experimental desenvolvida por John Quijada[1] entre 1978 e 2011. Foi elaborada coa intención de expresar a cognición humana con máis clareza. A súa gramática é extremamente complexa e posúe unha énfase na categorización de elementos. Pode considerarse unha lingua tanto lóxica coma filosófica.
Ó formular unha frase en ithkuil, unha persoa debe considerar factores como que a motivou a formular tal frase, cal é seu obxectivo ó dicila, como se chegou ás afirmacións, entre outras cousas.
Diferente do esperanto, o ithkuil non foi creado para ser unha lingua auxiliar, senón unha lingua de sectores máis profundos tales como a filosofía, as ciencias, as artes e a política.[2]
Ninguén, nin sequera o propio Quijada, é capaz de falar ithkuil.