It's a Big Big World
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
It's a Big, Big World | |
---|---|
Formato | Programa infantil |
Duración | 30 minutos |
Creado por | Mitchell Kriegman |
Desenvolvido por | Shadowmation |
Producido por | Wainscott Studios |
Cadea | PBS |
Día da estrea | 2 de xaneiro de 2006 |
Última emisión | 30 de abril de 2012 |
Nº de episodios | 40 |
Na rede
| |
http://www.abigbigworld.com/home.html e https://web.archive.org/web/20080913110344/http://pbskids.org/bigbigworld/home.html | |
It's A Big Big World foi un programa infantil que se emitu no bloque PBS Kids das estacións afiliadas á PBS entre 2006 e 2012. Orixinalmente formou parte, ata 2007, do espazo de Miss Lori and Hooper. Realizábase nos Wainscott Studios en Wainscott (Nova York)
Contido
[editar | editar a fonte]É un programa de monicreque que xira arredor dun grupo de animais na selva, o principal protagonista é Snook, un preguiceiro. Cada un dos episodios comezaba coa canción de apertura It's a Big, Big World, seguida por unha historia curta (10-12 minutos) na que participaban algúns ou todos os caracteres, logo viña outra canción, "Curve of the World", cantada por todos á que seguía unha segunda historia, que tiña relación coa primeira sen ser unha continuación, e para rematar, Snook cantaba o tema de peche, Try to Touch the Sky, ás veces seguida por un ou dos breves fragmentos nos que Snook remata algunha actividade ou dá algunhas noticias curiosas sobre as varias especies de animais que viven alí.