Ispansi (¡Españoles!)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ispansi (¡Españoles!) é unha película española de 2011 dirixida e coprotagonizada por Carlos Iglesias.

Argumento[editar | editar a fonte]

Beatriz é unha moza criada nunha familia conservadora no Madrid de 1936. Embarazada e nai sen contraer matrimonio, debe agochar o seu fillo nun orfanato. Tras o estalido da Guerra civil española, as autoridades da Segunda República Española deciden trasladar miles de nenos, entre eles os residentes en orfanatos, á Unión Soviética para protexelos dos efectos do conflito (os chamados "nenos da guerra"). Beatriz decide facerse pasar por Paula, unha republicana acabada de finar, para acompañar o seu fillo na viaxe xunto a quen son os seus inimigos ideolóxicos.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]