Isabel Pérez Dobarro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Isabel Pérez Dobarro
Nome completoIsabel Pérez Dobarro
Nacemento1992
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidad Nacional de Educación a Distancia e Madrid Royal Conservatory
Ocupaciónpianista
editar datos en Wikidata ]

Isabel Pérez Dobarro, nada en Santiago de Compostela en 1992, é unha pianista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a tocar o piano con tres anos e ós catro deu o seu primeiro concerto.[1] Afeccionada ó xadrez, foi campioa de Galicia en catro ocasións e quinta nacional nunha ocasión, ata que o deixou á idade de 15 anos.[2] Estudou no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid onde, en 2010, obtivo o Título Superior de Piano. En 2012, realizou un máster de Música na Universidade de Nova York. En 2017, gradououse en Dereito pola UNED e en 2018 obtivo un certificado en Relacións Internacionais pola Universidade de Harvard.[3] No 2012, comezou a impartir clases na universidade coma instrutora adxunta na Steinhardt School of Culture, Education, and Human Development, da Universidade de Nova York.

Deu recitais en distintas salas dos Estados Unidos como Carnegie Hall, Steinway Hall, Yamaha Center, Liederkranz Foundation, Frederick Loewe Theater e Columbia University Faculty House e de fóra dos Estados Unidos, como Rachmaninoff Hall (Tchaikovsky Conservatory, Moscova), Ateneo de Madrid ou a Sala Arturo Benedetti Michelangeli (Bolzano, Italia).[4]

Ademais da súa actividade como pianista, dende 2016 forma parte da United Nations Sustainable Development Solutions Network Youth, onde exerce de mánager da iniciativa Arts Twenty Thirty e UN Focal Point, a través da cal promociona os obxectivos de desenvolvemento sustentable.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]