Saltar ao contido

Irma Prego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIrma Prego

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de abril de 1933 Editar o valor en Wikidata
Granada, Nicaragua Editar o valor en Wikidata
Morte11 de outubro de 2000 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
San Xosé, Costa Rica Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata


Irma Prego, nada en Granada (Nicaragua) o 8 de abril de 1933 e finada en San Xosé (Costa Rica) o 11 de outubro de 2000, foi unha escritora nicaraguana, referente da narrativa centroamericana. Recoñecida no 1984 co Premio Xogos Florais de Quetzaltenango na modalidade de conto.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Granada (Nicaragua) en 1933, pero trasladouse a vivir a Costa Rica aos 32 anos. Na década de 1940, cando era algo estrañísimo no seu país ver unha muller en pantalóns, a escritora lucía roupa de home.

Foi membro do Centro Nicaraguano de Escritores. Faleceu o 11 de outubro de 2000 dun ataque ao corazón.

A obra de Irma Prego comprende 35 contos e viñetas recompilados en dúas coleccións. A primeira colección, publicada en 1987, leva por título o nome do conto que pecha a colección: Mensajes al más allá. A segunda colección é inédita e contén dez contos incluído o titulado Agonice con elegancia que dá nome ao compendio.[3]

A literatura de Prego, aínda que pouco coñecida, é valorada pola crítica e obxecto de estudo académico, ademais de formar parte das compilacións de narrativa centroamericana.[2][3][4]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]

O seu libro de contos Mensajes al más allá recibiu en 1984 o premio Xogos Florais de Quetzaltenango, Guatemala. En 1992 a súa obra Agonice con elegancia recibiu unha Mención honorífica no certame Una Palabra da Universidade Nacional de Heredia, Costa Rica.[4]

Obra parcial

[editar | editar a fonte]
  • Mensajes del más allá (1989)
  • Agonice con elegancia (1996)
  1. "Irma Prego - EcuRed" (en castelán). Consultado o 2020-10-06. 
  2. 2,0 2,1 Palma, Milagros (2008). "La sátira en Agonice con Elegancia de Irma Prego (Nicaragua 1933-2001)" 38 (1): 153–162. doi:10.3406/ameri.2008.1856. Consultado o 2020-10-07. 
  3. 3,0 3,1 "La dominación masculina en el monólogo Agonice con Elegancia (inédito) de Irma Prego (Nicaragua, 1938-Costa Rica, 2002) - PDF Free Download". Consultado o 2020-10-07. 
  4. 4,0 4,1 Meza Márquez, Consuelo (2011). Diccionario bibliográfico de narradoras centroamericanas con obra publicada entre 1890-2010 (en español). Universidad Autónoma de Aguas Calientes. pp. 343–344. ISBN 978-607-8227-43-3. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]