Saltar ao contido

Inés de Durazzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaInés de Durazzo
Biografía
Nacemento1345 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte1383 Editar o valor en Wikidata (37/38 anos)
Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Santa Clara (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeXaime des Baux (1382–)
Cansignorio della Scala (1363–1375) Editar o valor en Wikidata
PaisCharles, Duke of Durazzo Editar o valor en Wikidata  e María de Calabria Editar o valor en Wikidata
IrmánsMargarida de Durazzo
Joanna, Duchess of Durazzo Editar o valor en Wikidata

Inés de Durazzo, nada en 1345 e finada o 15 de xullo de 1388, foi a esposa de Xaime des Baux, último emperador latino titular de Constantinopla. Foi a última muller en reclamar o título de emperatriz do Imperio Latino.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Inés foi a segunda filla de Carlos, Duque de Durazzo e María de Calabria. Casou por primeira vez con Cansignorio della Scala. Cansignorio era o irmán máis novo e co-gobernante nominal de Cangrande II della Scala, señor de Verona. En 1359, Cansignorio asasinou o seu irmán máis vello e sucedeuno. O seu irmán máis novo Paolo Alboino della Scala converteuse no seu co-gobernante até 1365[1]. O 10 de outubro de 1375, Cansignorio morreu, presumibelmente envelenado. O seu matrimonio non tivo fillos[1]. O 16 de setembro de 1382, Inés casou co seu segundo marido, Xaime des Baux. Era o pretendente ao trono do imperio latino desde 1374. O seu cuñado, Carlos III de Nápoles, concedeulle Corfú como parte do seu dote. O seu matrimonio foi de curta duración. O 7 de xullo de 1383, Xaime morreu en Tarento. Sobreviviulle cinco anos, pero nunca volveu casar.