Introduce Yourself é o segundo álbum da banda estadounidense de metal alternativoFaith No More, publicado en abril de 1987 a través do selo Slash Records. Debido á limitada dispoñibilidade do primeiro traballo, We Care a Lot, ata que este foi reeditado en CD anos despois, moita xente (incluída a banda), considerou por un tempo a Introduce Yourself como o disco de estrea.