Saltar ao contido

Intihuatana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Intihuatana en Machu Picchu.

O Intihuatana é o centro de cada construción relixiosa do imperio inca. É na súa maioría unha pedra (dun bloque) ben labrada, a un tamaño de entre 1 e 2 metros de altura e un diámetro de 2 metros. Ten a forma dunha base (50% da súa altura) con varios pequenos niveis (en distancia de decímetros entre cada un) e no seu centro elévase un "torreón" de catro ángulos. Cada ángulo indica unha das principais direccións xeográficas: norte, leste, sur e oeste.

A palabra ten, segundo algúns científicos, o significado "onde se ata (ou amarra) o sol (inti)", e crese que servía como calendario, para definir as estacións, segundo a sombra que daba o sol á base desa pedra.

Intihuatanas ou Intiwatanas en bo estado atópanse nas ruínas de Pisac e en Machu Picchu.