Independientes por Mugardos
Aparencia
Independientes por Mugardos (IpMU) é un partido político de ámbito municipal creado no concello de Mugardos no 2003.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Independientes por Mugardos naceu en vésperas das eleccións municipais do 2003 a partir da desaparecida Esquerda de Galicia liderada polo exalcalde Manuel Eugenio Fariña Doval. Os resultados nos comicios dese ano foron, de feito, unha repetición dos que baixo EdeG acadaran no 1999.
Orientación política
[editar | editar a fonte]Malia que o xermolo partiu da extinta Esquerda de Galicia de Anxo Guerreiro durante a súa primeira campaña electoral IpMU definiuse como un partido plural que abranguía no seu seo diferentes sensibilidades políticas pero que mantiñan como nexo común o seu interese polo progreso do Concello de Mugardos.
Edís electos
[editar | editar a fonte]- Manuel Eugenio Fariña Doval (2003-2007 e 2007-2011)
- Pedro Abeal Sousa (2003-2007)