Saltar ao contido

Independentistes dels Països Catalans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Independentistes dels Països Catalans
Tipopartido político catalán
IdeoloxíaIndependentismo catalán e socialismo
Data de fundación1979
Data de disolución1985
SedeBarcelona
editar datos en Wikidata ]

Independentistes dels Països Catalans (IPC) foi unha agrupación política independentista catalá.

Os Independentistes dels Països Catalans nacen no ano 1979 a raíz da fusión entre dúas formacións políticas: o PSAN-Provisional e a Organització Socialista d'Alliberament Nacional (OSAN), unha formación que consideraba a Cataluña do Norte o seu ámbito principal de acción. Carles Castellanos foi o dirixente máis destacable.

Vai manter unhas estreitas relacións con outras formacións independentistas, moi especialmente vascas (Herri Batasuna) e galegas (Unión do Povo Galego). O seu órgano foi Lluita (diferente do órgano homónimo editado polo PSAN-oficial). Promove a fomación, ben en solitario, ben con outras organizacións independentistas, dunha serie de plataformas sectoriais de base ampla, como por exemplo os Comitès de Solidaritat amb els Patriotes Catalans (CSPC), o Col·lectiu d'Obrers en Lluita (COLL), os Grups de Defensa de la Llengua, Dones Independentistes.

A partir de 1983 participa no proceso de formación dunha organización independentista de masas, materializada en 1985 no Moviment de Defensa de la Terra (MDT). As tensions entre IPC e o PSAN provocarán a ruptura do MDT en 1988, escindido en dúas plataformas do mesmo nome (MDT-PSAN e MDT-PIC). Posteriormente, vaise diluír no Moviment de Defensa de la Terra.