Carles Castellanos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carles Castellanos
Nacemento1942
Lugar de nacementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntradutor, profesor universitario, escritor, activista político, enxeñeiro industrial e lingüista
IrmánsRafael Castellanos
editar datos en Wikidata ]

Carles Castellanos i Llorenç, nado en Barcelona en 1942, é un escritor, tradutor e activista político independentista catalán. É doutor en tradución pola Universidade Autónoma de Barcelona, foi o director do departamento de tradución e interpretación desta universidade e é profesor de estudos de doutoramento neste departamento.[1]

É membro da Assemblea Nacional Catalana e foi vicepresidente entre 2012 e 2013,[2][3] ademais de membro de Poble Lliure e da Candidatura de Unidade Popular de Barcelona.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sendo mozo participou en accións reivindicativas e culturais no barrio de Sant Andreu de Barcelona e ingresou na Front Nacional de Catalunya (FNC) en 1960. En 1968, foi un dos fundadores do Partit Socialista d'Alliberament Nacional (PSAN). En 1974, creou o PSAN-Provisional dunha escisión do PSAN. En 1979, formou Independentistes dels Països Catalans (IPC) despois da unión coa Organització Socialista d'Alliberament Nacional (OSAN) de Cataluña do Norte. Posteriormente foi un dos impulsores do Moviment de Defensa de la Terra (MDT) entre os anos 1983 e 1984, e incorporouse unha vez máis en 1985 (despois que IPC abandonase temporalmente esta organización). Durante as décadas posteriores foi un dos dirixentes máis salientables de MDT. Por mor da súa militancia en Esquerra Independentista sufriu diversas detencións e encarceramentos durante os primeiros anos da transición, en 1981, en1982 (por ser portador dunha pancarta co lema «Independència»), en 1988[4] e en 1992, cando foi perseguido durante a Operación Garzón, razón pola cal pasou á clandestinidade e tivo que exiliarse temporalmente.[5]

É membro, entre outras entidades, do Centre de Recerca i Documentació Pau Vila, do Fòrum Català pel Dret a l'Autodeterminació, do Cercle 21 e da Plataforma pel Dret de Decidir. Foi un dos impulsores destacados dos Grups de Defensa de la Llengua (1982-1988) e do terceiro Congrés de Cultura Catalana (1999-2001). Foi vicepresidente da Assemblea Nacional Catalana entre os anos 2012 e 2013.

Traxectoria académica[editar | editar a fonte]

É enxeñeiro industrial e lingüista, autor (ou coautor) de diversas obras lexicográficas, entre as cales salientan o Diccionari francès-català/català-francès (1979, ampliado no ano 2003), o Diccionari d'informàtica (1982), o Diccionari de paranys de traducció (falsos amics) (2000) e o Diccionari bàsic occità-català (2008). Dirixe o Projecte ACTIU (para a aprendizaxe do catalán para medios informáticos) entre os anos 1977 e 1982. Ademais, é autor de moitos artigos e traballos de tema sociolingüístico, historiográfico e político, entre os cales salientan os seguintes: El fenomen nacional (1974), Elements del materialisme històric (1977), Petit diccionari de l'independentisme (1988-90), Una llengua sense ordre ni concert (1993), Llengua i variació (1993), L'independentisme català, 1979-1994 (1994), Llengua, dialectes i estandardització (2002).

Traduciu diversas obras, dende o francés, Catalunya mil anys enrere, de Pierre Bonnassie (t. 1981) e Els paradisos artificial de Baudelaire (t. 1990); do exipcio clásico, Història de Sinuhè i altres contes (2005); e, do bérber, a escolma de poemas Sol cec, de Salem Zenia (2008).

Estudoso da estandardización lingüística e das linguas afroasiáticas, fixo a tese e publicou diversos traballos sobre o bérber, como La llengua rifenya (1995), Guia de conversa universitària amazic-català(2006) e é vicedirector do Observatori Català de la Llengua Amaziga. Publicou un libro de memorias Reviure els dies - records d'un temps silenciat (2003).

Obras[editar | editar a fonte]

  • Diccionari francès-català (1979)
  • Diccionari d'informàtica (1986)
  • Una llengua sense ordre ni concert (1993)
  • Llengua, dialectes i estandardització (2000)
  • Els amazics (CIEMEN, 2010)
  • Els cosins del català (Volaina Edicions, 2019)
  • Reviure els fets: Memòries polítiques (1960-2020) (Edicions del 1979, 2020)[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marxists.org (ed.). "Enciclopèdia onomàstica - Ca". Consultado o 22 de xaneiro de 2021. 
  2. 324.cat, ed. (15 de xuño de 2013). "L'Assemblea Nacional Catalana torna a escollir Carme Forcadell com a presidenta". Consultado o 16 de2013. 
  3. Carme Forcadell elegida presidenta de l'ANC i Carles Castellanos com a vicepresident en www.llibertat.cat
  4. Yoldi, José (1989-01-26). "La Audiencia deja en Iibertad bajo fianza al independentista catalán Carles Castellanos". El País (en castelán) (Madrid). ISSN 1134-6582. 
  5. Infante, Toni (18 de decembro de 2015). Llibertat.cat, ed. "Carles Castellanos, una llavor de llibertat". Consultado o 22 de xaneiro de 2021. 
  6. Martí, Pep (3 de xaneiro de 2021). "L'insult entre independentistes no serveix per a res". NacióDigital. Consultado o 22 de xaneiro de 2021.