Imeldo Corral
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xullo de 1889 Ferrol, España |
Morte | 8 de setembro de 1976 (87 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Imeldo Corral González, nado en Ferrol o 7 de xullo de 1889 e finado na mesma cidade o 8 de setembro de 1976, foi un pintor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Deixou unha produción de máis de dúas mil obras, sobre todo de paisaxes e mariñas da súa comarca, con títulos como Mañán de neboeiro, Unha corredoira, Río de Sáa, O Souto, Autorretrato, Brétema en San Paulo D'enriba, Sol da maña nos castiñeiros... Foi membro numerario da Real Academia de Belas Artes do Rosario da Coruña e membro de honra da Sociedad Artística Ferrolana. O concello de Ferrol outorgoulle a Medalla ao Mérito Artístico en 1976.
Estudou aos dezaoito anos un ano de Debuxo na Escola de Artes e Oficios de Ferrol. Logo trasládase a Madrid, onde traballou como copista no Museo do Prado. No entanto, facía debuxos e pinturas en óleo, pastel e acuarela.
Realizou a súa primeira exposición en 1912 en Madrid canda outros pintores galegos da man do Centro Galego de Madrid. Formou parte de dúas exposicións colectivas na Coruña en 1917 e 1918. Ese último ano ten lugar a súa primeira exposición individual, en Madrid.
Nos seguintes anos, seguiu expoñendo en Galicia. Tamén presentou a súa obra en cidades como León ou Barcelona. Chegou a expor en Buenos Aires a través do Centro Galego da capital arxentina. O Museo de Pontevedra ten obra exposta na colección permanente.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alejandro Barreiro. Del Arte gallego. Exposición rexional. A Coruña, 1917.
- Estévez Ortega. Arte Gallego. Barcelona. Editorial Lux, 1930.
- María Victoria Carballo Calero. Catálogo de pintura do Museo Provincial de Lugo. Lugo, 1969.
- Gran Enciclopedia Gallega. Vol. 7. Xixón, S. Cañada, Edit., 1974
- Manuel Chamoso Lamas. «Arte», en Galicia. Barcelona, Edit. Noguer. 1976.
- Ángel Ilarri Gimeno. Catálogo do Pazo Museo «Quiñones de León». Vigo, Concello, 1978.
- Francisco Pablos. Pintores gallegos del Novecientos. A Coruña, Fundación Barrié de la Maza, 1981.
- Francisco Pablos. Plástica gallega. Vigo, Caixavigo, 1981.
- Fernando Mon. Pintura contemporánea en Galicia. A Coruña, Caixa Galicia, 1987.
- José Leira Domínguez. Pintura Ferrolana. SAF, Ferrol, 1987
- Francisco Pablos. Colección Adriano Marques de Magallanes. Vigo, Concello, 1992.
- Esperanza Piñeiro e Andrés Gómez. Historia de la Escuela de Artes y Oficios de Ferrol (1881 - 1930). Ferrol, 1994.
- Antón Pulido. A Nosa Pintura. Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002, edición especial para o Concello de Ferrol.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía en pintoresgallegos.com
- Óleos de Imeldo Corral