Illa Mayor
Aparencia
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | San Javier, España | |||
| ||||
Bañado por | Mar Menor | |||
Características | ||||
Altitude | 104 m | |||
Superficie | 93,8 ha | |||
A illa Mayor, tamén chamada Illa do Barón, é unha illa española situada case no centro do Mar Menor (Rexión de Murcia), e como o seu nome indica é a illa de maiores dimensións tanto dese mar como de toda a rexión murciana (93'8 hectáreas). Trátase dun cono volcánico extinguido que lle dá á illa a súa característica forma cónica (104 metros de altitude) e perímetro redondo. É de propiedade privada, polo que está prohibido desembarcar nela. O nome de Illa do Barón vénlle do Barón de Benifayó, quen construíu un palacio de estilo neomudéxar nesta illa, coñecido como a casa do barón. A Illa Mayor posúe un bosque de palmeira anana único en Europa e conta tamén cunha gran riqueza ornitolóxica. Paisaxe Protexida.