A Illa Huevos é unha das illas que conforman a República de Trinidad e Tobago no mar Caribe, posúe unha superficie estimada en 1´01 km² é unha das chamadas "illas Bocas" que se atopan nas Bocas do Dragón entre Trindade e Venezuela.
Os Parasol Rocks, tamén coñecidos como os Umbrella Rocks, son unha serie de pequenas formacións rochosas situadas a menos de 50 metros ao leste de Huevos. O 10 de agosto de 1800 A nave de quinta categoría da Royal Navy, HMS Dromedary naufragou nas rochas con 500 pasaxeiros. Todos os pasaxeiros e a tripulación foron rescatados.[1]