Ilisiakos B.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ilisiakos BC")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ilisiakos K.A.E.
Información xeral
Nome Ηλυσιακός Κ.Α.Ε.
Liga G Ethniki
Fundación 1968
Cores           Dourado, negro
Presidente Grecia Pantelis Gampierakis
Adestrador Grecia Dimitris Liogas
Localización
Cidade Grecia Atenas, Grecia
Pavillón Pavillón de Ilissia
Capacidade 1.700

O Ilisiakos BC (en grego: Ηλυσιακός Κ.Α.Ε.), é un equipo profesional de baloncesto grego da cidade de Atenas, que compite na Gamma Ethniki, cuarta categoría helena. Disputa os seus partidos como local no Pavillón de Ilissia, con capacidade para 1.700 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

Forma parte dun club polideportivo creado en 1927, aínda que a sección de baloncesto non se fundou ata 1968. Xogou na A1 Ethniki ata 1988, cando descendeu á A2 Ethniki, onde permaneceu 10 tempadas, descendendo á División B en 1999. Tres anos máis tarde regresou á segunda categoría do baloncesto grego, acadando o ascenso á A1 Ethniki esa mesma tempada, aínda que ao ano seguinte volveu descender. En 2009 recuperou de novo a máxima categoría, tras quedar segundo na clasificación final.

O seu mellor resultado nas diferentes competicións foi en 1995, cando chegou ás semifinais da Copa de Grecia, acabando na cuarta posición.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]