Saltar ao contido

Igrexa dos Mariñeiros de Detroit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa dos Mariñeiros de Detroit
PaísEstados Unidos de América
LocalizaciónDetroit
Coordenadas42°19′46″N 83°02′31″O / 42.329425, -83.042042
DioceseDiocese of Mid-America
Estiloarquitectura neogótica
Páxina webhttps://marinerschurchofdetroit.org/
editar datos en Wikidata ]

A igrexa dos Mariñeiros é unha igrexa parroquial da comuñón anglicana no centro urbano de Detroit, no Estado de Míchigan. Foi fundada en 1842 por Julia Ann Anderson, viúva do Coronel John Anderson, oficial do Fort Detroit. A igrexa naceu para dar servizo espiritual á crecente comunidade de mariñeiros dos Grandes Lagos, foi consagrada ao ano seguinte da súa construción . Desde o ano da súa fundación a igrexa, en paralelo á celebración da misa e a atención relixiosa, acolleu a sede da U.S. Topolographical Engineers, unha asociación de enxeñaría que cubría traballos de topoloxía nos Grandes Lagos, mapeando os canais, deseñando obras de enxeñaría de camiños, co destaque das primeiras estradas entre Detroit e Toledo, e ata construíndo faros. As obras públicas saídas do traballos dos enxeñeiros co sede na igrexa a miúdo son asociadas ao crecemento que viviu Detroit nos anos 40, con 8000 habitantes ao comezo de década, e 200.000 a finais[1]

Igrexa dos Mariñeiros, en Detroit, marzo de 2024
  1. The Historical Marker Database (ed.). "Mariners' Church / U.S. Topographical Engineers". Consultado o 01 de maio de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]