Igrexa de San Francisco de Asís (Adén)
Igrexa de San Francisco de Asís | |
---|---|
A igrexa en 1963 | |
País | Iemen |
Advocación | San Francisco de Asís |
Localización | Adén, Iemen |
Coordenadas | 12°47′19″N 44°58′47″L / 12.7886, 44.9796 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Vigairía apostólica de Arabia meridional |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de San Francisco de Asís, antigamente catedral de San Francisco de Asís, é unha igrexa católica da cidade de Adén (Iemen).
Historia
[editar | editar a fonte]O templo foi a catedral da vigairía apostólica de Arabia meridional entre 1892 e 1974, ano no que a catedral pasou a ser a de San Xosé de Abu Zabi. Dende entón, o templo pasou a ter clasificación como igrexa parroquial.
Durante a etapa de dominio británico da rexión, a carón da igrexa estaba situada a Escola de Santo Antón, mais logo da independencia o goberno apropiouse dela, e construíu un muro entre o templo e a escola.
Actualmente está nunha situación moi deteriorada, e as fiestras e a porta principal foron tapiadas. A estatua de Xesús Cristo bendicindo o mar ten sido atacada en varias ocasións, mais permanece no seu lugar.
O templo é administrado por un salesiano, un dos cinco únicos sacerdotes católicos con presenza estable no país.[1] En 1990 encargouse da parroquia o salesiano indio Mathew Uzhunnalil, que permaneceu nela até a súa volta á Bangalore en 2007.[2] O seu irmán máis novo,[3] o párroco Tom Uzhunnalil, foi secuestrado por un grupo islamista o 4 de marzo de 2016, no ataque ao fogar para anciáns da cidade levado polas Misioneiras da Caridade, no que foron asasinadas 16 persoas.[4][5] O sacerdote foi libertado en setembro de 2017.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "YEMEN: Salesian Missionaries Situation in Yemen Precarious Due to Recent Fighting". MissionNewswire - Salesian Missions Official News Service (en inglés). 2 de abril de 2015. Consultado o 20/10/2018.
- ↑ "Fr. Mathew Uzhunnalil SDB passes away". Apostolic Vicariate of Southern Arabia (avosa.org) (en inglés). 23 de marzo de 2015.
- ↑ Akkara, Anto (8 de abril de 2016). "Brother of kidnapped priest is staying at home to pray and wait for ‘good news’". The Catholic Herald (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21/10/2018. Consultado o 20/10/2018.
- ↑ Catholic News Service (3 de marzo de 2017). "Salesians to pray for Indian priest abducted a year ago". The Catholic Herald (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20/10/2018. Consultado o 20/10/2018.
- ↑ Al-Batati, Saeed; Fahim, Kareem (4 de marzo de 2016). "Gunmen Kill 16 at Nursing Home in Yemen Started by Mother Teresa". The New York Times (en inglés). Consultado o 20/10/2018.
- ↑ Pérez Pichel, Miguel (12 de setembro de 2017). "Libertam Pe. Tom Uzhunnalil, sacerdote salesiano sequestrado pelo Estado Islâmico". ACI Digital (en portugués). Consultado o 20/10/2018.