Ideografía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ideográfico»)

A ideografía é a representación cun conxunto de caracteres, sucesores da pictografía, que representaban unha idea.

Cada símbolo ten un significado único. Deste xeito, o Sol podería ser representado como " # " e a Lúa como " ) " (isto é só un exemplo). Os caracteres chineses e os kanji xaponeses son ideogramas.

As emoticonas, nacidas na segunda metade do século XX en Internet tamén son un sistema de signos ideográfico.

A acrofonética é unha forma de Ideografía.