Saltar ao contido

Iago Negueruela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIago Negueruela

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de maio de 1980 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Voceiro

24 de xullo de 2023 –
← Francina Armengol Socías
Deputado do Parlamento das Illas Baleares
20 de xuño de 2023 –

Circunscrición electoral: Mallorca
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

Facebook: iago.negueruela Twitter: iagonegue Editar o valor en Wikidata

Iago Negueruela Vázquez, nado en 1980 en Santiago de Compostela, é un político balear de orixe galega, conselleiro do Goberno Balear na IXª lexislatura.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do político e sindicalista Enrique Negueruela,[1] licenciouse en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e traballou despois como funcionario do Corpo Superior de Inspectores de Traballo e da Seguridade Social[2], e é membro da Unión Progresista de Inspectores de Traballo.

Figurou como independente nas listas do PSIB-PSOE ás eleccións ao Parlamento das Illas Baleares de 2015, sen saír elixido deputado. Non obstante, en xullo de 2015 entrou no goberno balear como conselleiro de Traballo, Comercio e Industria.[3][4]