Saltar ao contido

Intelligence Gathering Satellite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «IGS-Optical 5»)
Lanzamento de IGS Optical 3.

Intelligence Gathering Satellite ou Information Gathering Satellite, coñecidos tamén polo seu acrónimo IGS, é unha serie de satélites de recoñecemento xaponeses. Os satélites IGS poden ser ópticos, con cámaras para observar a Terra (denominados IGS-Optical), ou de radar (denominados IGS-Radar). Son satélites coa maior parte das súas características clasificadas e que teñen entre un dos seus principais obxectivos o seguimento da actividade militar norcoreana.[1]

IGS-Optical 1 e 2

[editar | editar a fonte]

Construídos por Mitsubishi Electric, teñen unha masa de 850 kg e suponse que teñen unha resolución de 1 metro. Foron lanzados o 28 de marzo de 2003]] e o 11 de setembro de 2006 respectivamente, mediante foguetes H-IIA. A segunda unidade foi lanzada orixinalmente o 29 de novembro de 2003 e destruída durante o lanzamento, polo que tivo que ser substituída.[2][1]

IGS-Radar 1 e 2

[editar | editar a fonte]

Foron os primeiros satélites de recoñecemento por radar da serie IGS. Fabricados por Mitsubishi Electric, tiñan unha esperanza de vida de 5 anos e unha masa de 1200 kg. Usaban un radar de apertura sintética cunha resolución probable de 3 metros. Foron lanzados xuntos cos seus homólogos ópticos o 28 de marzo de 2003 e o 11 de setembro de 2006, coa segunda unidade igualmente destruída no lanzamento do 29 de novembro de 2003 e tendo que ser substituída máis tarde.[3][1]

IGS-Optical 3V

[editar | editar a fonte]

IGS-Optical 3V é un satélite experimental da serie IGS para probar novas tecnoloxías de cara novos modelos. Foi lanzado o 24 de febreiro de 2007 mediante un H-IIA.[4][1]

IGS-Optical 3 e 4

[editar | editar a fonte]

OS IGS-Optical 3 e 4 son a segunda xeración de satélites IGS. Foron lanzados o 28 de novembro de 2009 e o 23 de setembro de 2011 a bordo de H-IIA. O IGS-Optical 3 deixou de funcionar en setembro de 2017 debido a problemas no sistema de enerxía.[5][1]

IGS-Optical 5V

[editar | editar a fonte]

IGS-Optical 5V é un prototipo para a terceira xeración de satélites IGS. Pénsase que tiña unha resolución de 40 cm.[6][1]

IGS-Radar 3, 4, 5, 6, 7 e 8 e de reposto

[editar | editar a fonte]

OS IGS-Radar de 3 a 8 máis a unidade de reposto son a segunda xeración de satélites IGS de radar. Teñen unha resolución de menos de 1 metro e foron lanzados entre 2011 e 2024, sempre mediante foguetes H-IIA.[7][1]

IGS-Optical 5, 6, 7 e 8

[editar | editar a fonte]

OS IGS-Optical 5, 6, 7 e 8 son a terceira xeración de satélites IGS. Foron lanzados entre 2015 e 2024, todos mediante foguetes H-IIA. Teñen unha resolución de ata 40 cm e úsanse tanto para recoñecemento como para monitorización de desastres naturais.[8][1]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2][3][4][5][6] Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6] Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6] Notas[1][2][3][4][5][6]
IGS-Optical 1 28 de marzo de 2003 H-IIA Éxito
IGS-Radar 1 28 de marzo de 2003 H-IIA Éxito
IGS-Optical (2) 29 de novembro de 2003 H-IIA Fallo
IGS-Radar (2) 29 de novembro de 2003 H-IIA Fallo
IGS-Optical 2 11 de setembro de 2006 H-IIA Éxito
IGS-Radar 2 11 de setembro de 2006 H-IIA Éxito
IGS-Optical 3V 24 de febreiro de 2007 H-IIA Éxito
IGS-Optical 3 28 de novembro de 2009 H-IIA Éxito
IGS-Optical 4 23 de setembro de 2011 H-IIA Éxito
IGS-Radar 3 12 de decembro de 2011 H-IIA Éxito
IGS-Optical 5V 27 de xaneiro de 2013 H-IIA Éxito
IGS-Radar 4 27 de xaneiro de 2013 H-IIA Éxito
IGS-Radar de reposto 1 de febreiro de 2015 H-IIA Éxito
IGS-Optical 5 26 de marzo de 2015 H-IIA Éxito
IGS-Radar 5 17 de marzo de 2017 H-IIA Éxito
IGS-Optical 6 27 de febreiro de 2018 H-IIA Éxito
IGS-Radar 6 12 de xuño de 2018 H-IIA Éxito
IGS-Optical 7 9 de febreiro de 2020 H-IIA Éxito
IGS-Radar 7 26 de xaneiro de 2023 H-IIA Éxito
IGS-Radar 8 26 de xaneiro de 2023 H-IIA Éxito
IGS-Optical 8 12 de xaneiro de 2024 H-IIA Éxito
IGS-Radar 8 26 de setembro de 2024 H-IIA Éxito
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 Mark Wade (2020). "IGS" (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "IGS-Optical 1, (2), 2" (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "IGS-Radar 1, (2), 2" (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "IGS-Optical 3V" (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "IGS-Optical 3, 4" (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "IGS-Optical 5V" (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2020. 
  7. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "IGS-Radar 3, 4, 5, 6, 7, 8, Spare" (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2020. 
  8. Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "IGS-Optical 5, 6, 7, 8" (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]