IC 5146 (tamén coñecida coma Caldwell 19, Sh 2-125, e a Nebulosa do Casulo) é unha nebulosa de reflexión[1]/emisión e tamén é un obxecto de Caldwell da constelación de Cygnus. IC 5146 fai referencia específica ó cúmulo estelar mentres que Sh2-125 fai referencia á nebulosa.[2] A súa magnitude varía segundo a fonte, que sería entre 10,0[3] a 7,2.[4] As súas coordenadas celestiais son RA 21h53.5m e DEC +47°21.2′. Está preto da estrela visible a simple vista Pi Cygni, do cúmulo aberto NGC 7209 da constelación de Lacerta, e tamén está preto do brillante cúmulo aberto M39.[1][3] O cúmulo está aproximadamente a uns 4.000 anos luz de distancia, e a súa estrela central formouse hai tan só 100.000 anos;[5] a nebulosa ten uns 12arcmins de diámetro, o cal son case 12,5 anos luz de diámetro.[6] Cando se observa IC 5146, a nebulosa escura Barnard 168 (B168) é unha parte inseparable da experiencia, esta nebulosa forma unha especie de tona aberta que rodea a toda a nebulosa e que se proxecta cara ao oeste, dándolle o toque final de envoltorio aberto ó casulo.
12Eicher, David J. (1988). AstroMedia (Kalmbach Publishing Company), ed. The Universe from Your Backyard: A Guide to Deep-Sky Objects from Astronomy Magazine. ISBN0-521-36299-7.
↑GalaxyMap. "Sh 2-125". Arquivado dende o orixinal o 07-06-2020. Consultado o 18-05-2012.
12Pasachoff, Jay M. (2000). "Atlas of the Sky". En Peterson Field Guides. Stars and Planets. New York, NY. p.578 pg. ISBN0-395-93432-X.