I'm a Loser
«I'm a Loser» | |||||
---|---|---|---|---|---|
Canción de The Beatles | |||||
do Álbum Beatles for Sale | |||||
Lanzamento | 4 de decembro de 1964 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | {{{gravación}}} | ||||
Xénero musical | {{{xénero}}} | ||||
Lingua(s) | Inglés | ||||
Duración | 2:31 | ||||
Discográfica | EMI/Parlophone | ||||
Produtor(es) | George Martin | ||||
Escritor(es) | Lennon/McCartney | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
«I'm a Loser» é unha canción composta por John Lennon[1] e acreditada ao dúo Lennon/McCartney. Foi gravada pola banda británica The Beatles e lanzada coma a segunda pista do álbum Beatles for Sale, de 1964. Tamén foi lanzada nos Estados Unidos coma a segunda pista do álbum Beatles '65. Na Galiza, a primeira aparación desta canción foi na edición española[2], do 4 de xaneiro de 1965.
Composición e letra
[editar | editar a fonte]John Lennon afirmou nunha entrevista en 1980 que ao compoñer esta canción atopábase «no seu período Dylan»[3].
A canción bebe da música country norteamericana, collendo prestados desta elementos coma o fingerpicking ou a mensaxe triste e melancólica. Referíndose a isto último, «I'm a Loser» é considerada en moitas ocasións coma a primeira canción dos Beatles que vai máis aló dun simple romance infeliz[4], reflectindo os sentimentos do eu poético dun xeito complexo e escuro.
Persoal
[editar | editar a fonte]- John Lennon: voz principal, harmónica, guitarra rítmica (acústica).
- Paul McCartney: harmonía vocal, baixo (eléctrico).
- George Harrison: guitarra principal (eléctrica).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Miles 1997, p. 162–163.
- ↑ "Beatles for Sale" (en castelán). 2022-02-02.
- ↑ John Lennon (2000). All we are saying. St. Martin's Griffin. ISBN 978-0-312-25464-3.
- ↑ Hwertsgaard, Mark (1995). A Day in the Life: The Music and Artistry of the Beatles. Delacorte Press. ISBN 0-385-31377-2.