Saltar ao contido

Hotu Matu'a

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHotu Matu'a
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Hiva Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século IV Editar o valor en Wikidata)

Hotu Matu'a foi o primeiro ariki (rei) da Illa de Pascua, cara ao século IV de nosa era.

A mitoloxía rapanui, conta que nun mítico continente ou illa chamado Hiva, foi vaticinado por antigos sabios (maorí) que se afundiría baixo as augas. A subida das augas causou moitas mortes, e nas xeracións seguintes construíronse canoas para fuxir da illa e atopar novas terras.

Foi neste contexto no o deus Makemake aparecéuselle en soños ó sabio Hau-Maka; para que o ariki Hotu Matu'a soubese que era o seu destino viaxar cara a Illa de Pascua; é dicir, a Mata ki te Rangi (Ollos que miran ó Ceo).

Primeiramente o ariki enviou sete exploradores á nova terra, para recoñecen o visto por Hau-Maka. Estes exploradores terían sido dous fillos de Hau-maka: Ira e Raparenga; e cinco fillos de Huatava (irmán de Hau-maka) : Ku’u Ku’u, Ringi Ringi, Nonoma, U’ure e Mako’i. A illa é chamada "Te pito o te kainga" (Embigo ou punto extremo da matriz).

Posteriormente, logo da exploración, Hotu-Matu´a xunto á súa familia e o seu séquito chegaron á illa en dous grandes pahi (canoa dobre). Porén, Ira e Raparenga, os cales quedaran agardando ó rei, ó velo que se aproximaba berráronlle que aquela terra non era boa xa que en ela medraba moita maleza; ó que o rei lles contesta que iso non importaba xa que na súa terra tamén medraba maleza, referíndose ás inundacións.

Foi así como desembarcou o Ariki Hotu Matu'a, o primeiro rei da illa, xunto á súa muller e á súa irmá Avarei Pu´ na praia de Anakena, onde fixaría a súa real residencia. Posteriormente, con todos os ritos e bendicións correspondentes, dividiu a terra entre el e a súa irmá. Ademais asigna a mesetas do Poike, ós prisioneiros Hanau Momoko (orellas curtas); quen na terra de Hiva foron derrotados e tamén traídos á illa. Dende entón a illa recibiu o nome de Te pito o te henua (Embigo da Terra).

Antes de morrer, Hotu Matu'a dividiu a illa entregándolle unha parte a cada un dos seus fillos para que estes formaran as súas propias tribos ou mata.

Á súa morte, o Ariki Hotu Matu’a foi soterrado no lugar denominado Akahanga (onde actualmente se atopa o ahu Akahanga). A localización do sitio da tumba do Ariki Henua no centro da liña costeira podería xustificarse, porque deste xeito o poder que del emanaba, repartiríase equitativamente para ámbolos dous lados da illa, dando boas colleitas e boa pesca para todos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]