Horacio Tenreiro Arias-Uría
Aparencia
(Redirección desde «Horacio Tenreiro Arias Uría»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX valor descoñecido |
Morte | 6 de febreiro de 1939 Madrid, España |
Membro da Asemblea Nacional Consultiva | |
10 de outubro de 1927 – 8 de xullo de 1929 – Emilio Romay Montoto → | |
Presidente da Deputación da Coruña | |
16 de outubro de 1926 – xaneiro de 1929 – Emilio Romay Montoto → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Horacio Tenreiro Arias-Uría, finado en Madrid o 6 de febreiro de 1939, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante a ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro da Coruña, foi nomeado deputado provincial e elixido presidente da Deputación da Coruña o 16 de outubro de 1926. Foi membro da Asemblea Nacional Consultiva como representante das Deputacións provinciais (1927-1929). Dimitiu como deputado provincial en xaneiro de 1929. Na República integrouse en Renovación Española. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Madrid, onde finou o 6 de febreiro de 1939.[1][2]
Predecesor: Aquilino Caruncho Crosa |
Presidente da deputación da Coruña 1926 - 1929 |
Sucesor: Emilio Romay Montoto |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María del Carmen Molezún Núñez en 1907.[3]