Hoa Hakananai'a
Hoa Hakananai'a é un moai, unha estatua xigante orixinaria da Illa de Pascua. Foi levada dende Orongo, na Illa de Pascua (Rapa Nui) en 1868 pola tripulación dun barco británico e atópase exposta no Museo Británico en Londres. Describiuse como unha "obra mestra"[1] e atópase entre os mellores exemplos da escultura da Illa de Pascua.[2] Aínda que é relativamente pequeno, considérase típico entre as estatuas da illa,[3][4] pero salienta polas inscricións e gravados engadidos na parte traseira, asociadas co culto do home paxaro.[5]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A estatua foi identificada como Hoa Hakananai'a polos insulares no momento en que foi levada; a tripulación británica rexistrou orixinalmente o nome nas formas 'Hoa-haka-nana-ia' ou 'Hoa-haka-nama-ia'.[6] Foi traducido de varias maneiras dende a lingua rapanui co significado "onda que rompe",[7] 'surf',[6] 'compañeiro de surf',[8][9] 'mestre rompeondas',[10] "amigo perdido ou roubado",[11] 'amigo roubado', 'amigo escondido'[12] ou 'facendo roubos/brincadeiras amigo'.[8]
Repatriación
[editar | editar a fonte]O pobo rapanui considera que o moai foi levado sen permiso. En novembro de 2018, Laura Alarcón Rapu, a gobernadora da Illa de Pascua, pediu ao Museo Británico que devolvese a estatua. O museo acordou discutir un préstamo da estatua con representantes do pobo.[13] A responsable do Departamento de África, Oceanía e América do Museo Británico, Lissant Bolton, visitou a Illa de Pascua en xuño de 2019.[14] Leonardo Pakarati filmou un documental Te Kuhane o te tupuna ou "O espírito dos devanceiros", no que Hoa Hakananai'a é un símbolo roubado a Rapa Nui, cuxo espírito ou mana debe ser recuperado para restaurar o benestar da illa.[15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Métraux, A (1940). The Ethnology of Easter Island. Honolulu: Bernice P. Bishop Museum. p. 298.
- ↑ Métraux, A (1957). Easter Island: A Stone-Age Civilisation of the Pacific. Londres: Andre Deutsch. p. 162.
- ↑ Routledge, K (1919). The Mystery of Easter Island. Londres: Sifton, Praed & Co. p. 166.
- ↑ Van Tilburg 2004, pp. 45–47.
- ↑ Van Tilburg 1992, pp. 56–59.
- ↑ 6,0 6,1 Van Tilburg 1992, p. 41.
- ↑ Routledge, K (1919). The Mystery of Easter Island. Londres: Sifton, Praed & Co. p. 257.
- ↑ 8,0 8,1 Davletshin 2012a, pp. 62–63.
- ↑ Davletshin, A (2012). "Images, which are not seen, and stolen friends, who steal: A reply to Van Tilburg and Arévalo Pakarati". Rapa Nui Journal 26 (1): 68.
- ↑ "RapaNui Sprache - Übersetzung Buchstabe N". Osterinsel. Arquivado dende o orixinal o 9 de xullo de 2012. Consultado o 14 de maio de 2012.
- ↑ "Hoa Hakananai'a ('lost or stolen friend') / Moai (ancestor figure)". British Museum. Arquivado dende o orixinal o 6 de xuño de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2017.
- ↑ Van Tilburg 1992, pp. 41–42.
- ↑ "Easter Island governor begs British Museum to return Moai: 'You have our soul'". The Guardian. 20 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2020. Consultado o 17 de marzo de 2020.
- ↑ Bartlett, John (4 de xuño de 2019). "Easter Islanders call for return of statue from British Museum". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2020. Consultado o 17 de marzo de 2020.
- ↑ "Moai Hoa Hakananai’a, the stolen friend of Rapa Nui". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2021. Consultado o 22 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hoa Hakananai'a |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "250th Anniversary of the British Museum". CollectGBStamps. Arquivado dende o orixinal o 3 de xaneiro de 2022. Consultado o 3 de xaneiro de 2022.
- Davletshin, Albert (maio de 2012a). "An overlooked image on the Hoa-haka-nana'ia stone statue from Easter Island in the British Museum" (PDF). Rapa Nui Journal (Easter Island Foundation) 26 (1): 57–63. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de agosto de 2017. Consultado o 20 de agosto de 2017.
- Lee, Georgia; Horley, Paul; Bahn, Paul (maio de 2014). "Comments on historical images of the moai Hoa Hakananai'a" (PDF). Rapa Nui Journal (Easter Island Foundation) 28 (1): 53–59. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de setembro de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2017.
- Miles, James; Pitts, Mike; Pagi, Hembo; Earl, Graeme (xuño de 2014). "New applications of photogrammetry and reflectance transformation imaging to an Easter Island statue". Antiquity 88 (340): 596–605. doi:10.1017/S0003598X00101206.
- Pitts, Mike (maio de 2014a). "Hoa Hakananai'a, an Easter Island statue now in the British Museum, photographed in 1868" (PDF). Rapa Nui Journal (Easter Island Foundation) 28 (1): 39–48. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de setembro de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2017.
- Pitts, Mike (outubro de 2014b). "More on Hoa Hakananai'a: Paint, petroglyphs, and a sledge, and the independent value of archaeological and historical evidence" (PDF). Rapa Nui Journal (Easter Island Foundation) 28 (2): 49–54. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de agosto de 2017. Consultado o 20 de agosto de 2017.
- Pitts, M., Miles, J., Pagi, H. e Earl, G. (2013). "Taking flight: the story of Hoa Hakananai’a". British Archaeology 130: 24–31.
- Pitts, Mike; Miles, Jason; Pagi, Hembo; Earl, Graeme (setembro de 2014). "Hoa Hakananai'a: A new study of an Easter Island statue in the British Museum". The Antiquaries Journal 94: 291–321. doi:10.1017/S0003581514000201.
- Van Tilburg, Jo Anne (1992). HMS Topaze on Easter Island: Hoa Hakananai'a and Five Other Museum Sculptures in Archaeological Context. Occasional Papers 73. Londres: British Museum Press. ISBN 978-0861590735.
- Van Tilburg, Jo Anne (2004). Hoa Hakananai'a. Objects in Focus. Londres: British Museum Press. ISBN 978-0714150246.
- Van Tilburg, Jo Anne (2006). Remote Possibilities: Hoa Hakananai'a and HMS Topaze on Rapa Nui. British Museum Research Papers 158. Londres: British Museum Press. ISBN 978-0861591589.